Artistas

Marta Pazos

Marta Pazos

Na práctica artística de Marta Pazos (1976, Pontevedra) conflúen o teatro, a ópera e as artes plásticas, entendidos todos eles como territorios de experimentación. Radicalmente comprometida coa visibilización dos relatos silenciados, especialmente aqueles que atravesan o corpo e a experiencia das mulleres, amplía as estruturas narrativas convencionais cunha estética definida polo uso intensivo e simbólico da cor como dispositivo de afección perceptiva. Pazos desenvolveu a súa carreira nos principais teatros e institucións culturais de España, coma o Gran Teatro do Liceo, o Teatro Real, o Centro Dramático Nacional ou o Teatro Lliure, onde reescribiu clásicos e contemporáneos desde unha mirada indisciplinada, atenta ao presente. Desde o seu estudio en Santiago de Compostela articula unha das voces máis singulares da paisaxe escénica contemporánea.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais