Artistas

Gervasio Sánchez

Gervasio Sánchez

Gervasio Sánchez (1959, Córdoba) dedicou máis de corenta anos a documentar conflitos armados desde unha perspectiva próxima a quen máis os sofre. O seu traballo como fotoxornalista comezou nos anos oitenta, cando publicou as súas primeiras reportaxes en El Heraldo de Aragón. Desde entón, traballou como autónomo para medios coma a SER, a BBC ou La Vanguardia, cubrindo guerras en América Latina, África, Asia e Europa. Máis alá do momento do disparo, o que lle interesa é o que queda, as consecuencias da violencia, as feridas físicas e emocionais que tardan décadas en pechar, se é que algunha vez o fan. Traballos coma El cerco de Sarajevo (O cerco de Saraievo) ou Vidas minadas reflicten esa mirada comprometida que lle acompañou desde o inicio, baseada no respecto ás persoas que retrata e nunha crítica constante á impunidade.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais