Artistas

Federico Solmi

Federico Solmi

Federico Solmi (1973, Bolonia, Italia) é un artista residente en Nova York cuxo traballo examina os impulsos humanos e a obsesión da sociedade occidental co éxito individual. Na súa obra aborda temas coma o nacionalismo, o colonialismo, a relixión e o consumismo, e reflexiona sobre as estruturas de poder que configuran o mundo contemporáneo. Solmi reinterpreta as narrativas históricas da sociedade estadounidense, cuestionando as súas mitoloxías e os seus efectos na cultura actual. A súa práctica caracterízase por unha estética que utiliza a cor e a sátira para crear unha realidade distópica na que as e os líderes se representan como monicreques, manipulados non por cordas, senón pola tecnoloxía dixital. Con este enfoque, o artista convida á reflexión sobre as contradicións da política e do consumismo, e establece unha relación directa coas e cos espectadores.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais