Artistas

Damián Ucieda

Damián Ucieda

Damián Ucieda (1980, A Coruña) é un fotógrafo formado en Ilustración na Escola Massana de Barcelona e graduado en Fotografía pola Escola de Arte de Edimburgo. A súa obra reflexiona sobre a complexidade do mundo contemporáneo, a condición humana e a súa relación coa contorna. Lonxe da fotografía documental tradicional, Ucieda crea un universo ficticio onde as súas imaxes presentan escenas fóra do tempo. As e os personaxes, como actores, parecen atrapados nunha acción que transcende o momento capturado, creando unha sensación de irrealidade e suspensión temporal que convida as e os espectadores a cuestionar a narrativa completa.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais