Artistas
Aboubacar Traoré (1982, Kadiolo, Malí) naceu no sur de Malí, preto da fronteira coa Costa do Marfil. A súa infancia estivo marcada pola escaseza, o que lle permitiu descubrir a fotografía como unha forma de expresión e denuncia. O seu interese pola imaxe comezou coa tradición de tirarse unha foto anual durante a festividade da Tabaski, o que o levou a explorar este medio de maneira máis profunda. Hoxe en día, a fotografía converteuse nunha ferramenta para visibilizar a desigualdade e as loitas cotiás da súa comunidade. A súa obra captura a realidade da sociedade maliana e nela aborda temas coma o traballo das e dos vendedores ambulantes, o transporte urbano, a pesca artesanal, a minería de ouro e as tensións relixiosas. A través das súas imaxes, Traoré presenta unha visión crítica e creativa da súa contorna e busca narrar as complexidades do seu país.