Patrick Warrener. Peregrinacolor

21 xuñ - 22 xuñ
23:30 h
Fachada da igrexa da Virxe Peregrina, Pontevedra
Fachada da igrexa da Virxe Peregrina, Pontevedra

A intervención de Patrick Warrener consiste nunha proxección lumínica que dialogará coa arquitectura do templo e resaltará as súas formas e detalles mediante o uso da luz. Esta obra busca establecer unha ponte entre a tradición e a contemporaneidade e invitar as e os espectadores a redescubrir o patrimonio histórico desde unha nova perspectiva.