Seminario internacional Volver a Ser Humanos

25 set - 27 set
Centro asociado da UNED en Pontevedra
seminario volver a ser humanos

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e a Deputación de Pontevedra presentan o seminario internacional Volver a Ser Humanos, un espazo de reflexión que reúne figuras destacadas do pensamento, a arte e o eido académico para analizar o impacto da guerra no presente e o papel da arte, da memoria e do pensamento como elementos de resistencia, curación e esperanza. O encontro terá lugar os días 25, 26 e 27 de setembro no centro asociado da UNED en Pontevedra.

O seminario xunta recoñecidas personalidades da reflexión e da creación contemporáneas: a crítica de arte e filóloga Ángela Molina Climent; o ensaísta neerlandés e fundador do Nexus Institute, Rob Riemen; a teórica política e comisaria Françoise Vergès; o artista e estratega Alberto Barreiro; o crítico de arte e comisario italiano Demetrio Paparoni; a artista, escritora e cineasta palestina Emily Jacir; o fotógrafo israelí fundador da organización Breaking the Silence, Miki Kratsman; e a filósofa Francesca Ferrando, especialista en estudos posthumanos e profesora na Universidade de Nova York.

A asistencia é gratuíta e require a inscrición a través do seguinte enderezo: https://extension.uned.es/actividad/46815&codigo=46815. O seminario está aberto a todo o público e a asistencia pode ser presencial ou en liña, xa sexa en directo ou en diferido.