“A beleza do sinistro, a estética cuestionada”. Norberto Olmedo en conversa con Antón Sobral

Nesta sesión do ciclo, o pintor Norberto Olmedo conversará con Antón Sobral sobre Proyecto Gulag (Proxecto gulag, 2014-2024), unha serie de retratos que reflexiona sobre a fraxilidade da condición humana fronte aos totalitarismos do século XX.
Inspirado por unha viaxe a Auschwitz en 2014, Olmedo iniciou este proxecto como unha forma de renderlles homenaxe ás vítimas da represión estalinista na URSS e de denunciar os mecanismos de violencia, silenciamento e deshumanización que caracterizaron aquel réxime. Proyecto Gulag evoca os campos de traballo forzado do sistema soviético, nos que millóns de persoas foron encarceradas, explotadas e exterminadas en condicións extremas entre 1929 e 1953.
Un encontro para pensar desde a arte na dignidade humana, na memoria e na posibilidade de imaxinar un mundo máis xusto.
Entrada libre ata completar a capacidade