Mariña Núñez en conversa acerca das súas pezas na bienal

23 xul
20:00
Santa Clara e no Edificio Castelao
Mariña Núñez en conversa acerca das súas pezas na bienal

A artista Mariña Núñez conversa sobre a súa participación na Bienal de Pontevedra, con obras en dúas sedes que abordan o tema da guerra desde unha mirada simbólica e contemporánea.

Na fachada do Edificio Castelao, Núñez presenta unha intervención sobre vidro con imaxes que evocan explosións florais: símbolos de loita, destrución e renacemento. Na igrexa gótica de Santa Clara, transforma un antigo retablo nunha instalación audiovisual que entrelaza natureza, espiritualidade e ciencia ficción.

A través de flores xigantes, figuras fantasmais e paisaxes que suxiren tanto ameaza coma esperanza, a artista convídanos a pensar na fraxilidade da humanidade, na persistencia da vida e nas formas posibles de resistencia fronte aos retos do presente.