Marc Vives: SSSSS

29 ago
20:00 h
Museo do Mar de Galicia, Vigo
Marc Vives

Espectáculo. Duración: 45 min

En 2018 Marc Vives decidiu adoptar a rutina de nadar desde a praia de La Barceloneta ata aliñarse coa montaña de Montjuïc e tratar de comunicarse con ela. Este exercicio derivou nunha serie de obras performativas, fotografías, debuxos, vídeos e pezas de audio. No vídeo SSSSS (iniciais de area, mar, sol, sexo e sangría en inglés), Vives nada ao longo da Costa Brava, cunha cámara suxeita á cabeza, para crear unha experiencia desconcertante e fragmentaria dunha paisaxe costeira máis ou menos familiar que inclúe beleza salvaxe e monstros construídos polo home. "SSSSS consiste nunha serie de exercicios de voz baseados na miña experiencia de 'cantarlle' á paisaxe desde o mar, e atraer esta calidade líquida ás estruturas que nos rodean co obxectivo de repolitizalas en sentido relacional. Provocar un cambio dramático de base, da perda humana do terreo, de cimentos firmes, de equilibrio, do punto de vista da terra firme. Este traballo en proceso expón un paralelo entre a boca e o espazo escénico onde se sitúa, transformándose cada vez, sendo os sons emitidos procedentes á vez de dentro e fóra do corpo".

Marc Vives Muñoz (1978, Barcelona) canta e nada entre as artes escénicas e as visuais. Traballa coa materialidade da voz na súa potencialidade escultórica co obxectivo de infiltrarse en arquitecturas, paisaxes e otres cuerpes e reformular unha orde establecida. Fíxase nas tradicións e nas formas de manifestación colectiva. O seu ámbito de afectación excede a práctica artística e dedícase á pedagoxía, ao comisariado ou á xestión, co cal busca transformar colectivamente o modelo contextual.

Este programa podería sufrir modificacións por circunstancias externas, coma climatoloxía adversa ou causas de forza maior.