Janet Novás: She Night

18 xul
20:00 h
Naves de Aceros del Tea, Ponteareas
Janet Novás

Danza. Duración: 45 min

She Night (Ela noite) é o título que lle dá inicio a un proceso de investigación que presentará Janet Novás. Neste novo proxecto a artista quere volver ao traballo en solitario para recoller todos os materiais que desenvolveu nas súas dúas últimas creacións, Proto#SN1806 e Where is Janet? (Onde está Janet?), e pechar así unha triloxía que marca un punto de inflexión na súa obra. "Para este proxecto teño o desexo de crear un espectáculo, unha película, un concerto, ser actriz, cantante e bailarina. Quero combinar todas as miñas inquietudes como artista e deixarme levar polo pracer de facer para transformar esa pulsión interna que me mantén aquí. Poñerme ao servizo de todos estes desexos, visións e intuicións e descubrir quen é She Night. Unha ficción que me convida a voar para ser sen ter que explicarme. Unha criatura que nace da escuridade e fala daquilo que non se ve, pero está".

Janet Novás (1982, O Porriño) é bailarina e creadora. Formouse en danza contemporánea entre Madrid, Bruxelas e Berlín. No ano 2008 comezou a desenvolver os seus propios proxectos. A súa obra constrúese desde a observación, a experiencia e o diálogo co seu corpo como principal ferramenta, apostando por unha linguaxe propia, moldeando o contido emocional e a sinxeleza estética que caracterizan os seus traballos. As súas creacións presentáronse en prestixiosos festivais nacionais e internacionais.

Colaborou con artistas coma Mercedes Peón e as deseñadoras de moda Zap&Buj. Protagonizou a película O corno, dirixida por Jaione Camborda e premiada coa Cuncha de Ouro no Festival de Cinema de San Sebastián. O seu papel valeulle o Goya á mellor actriz revelación 2024. A película tamén foi seleccionada dentro de importantes festivais internacionais, coma o Festival Internacional de Cinema de Toronto, o Festival Internacional de Cinema de Busan ou o Festival BFI de Londres.

Este programa podería sufrir modificacións por circunstancias externas, coma climatoloxía adversa ou causas de forza maior.

Entrada libre ata completar a capacidade.