Hugo Torres: Bahía Botánica

Concerto. Duración: 60 min
Hai cinco anos Hugo Torres descubriu un aparello que lle permitía traducir a pulsación vital das plantas en linguaxe musical. Agora decidiu falar con elas e escoitar o que lle teñen que dicir. Bahía Botánica (Baía botánica) é unha conversa entre dúas especies, unha experiencia sónica entre un ser animal que tenta atopar o seu lugar no mundo e un ser vexetal que soamente busca o sol e a felicidade.
Hugo Torres (Viseu, Portugal) é actor, músico, compositor e director artístico. Comeza a súa traxectoria aos seis anos na compañía Trigo Limpo de Tondela. Nos anos noventa trasládase ao Porto, onde se licencia en Teatro e Interpretación na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo. Desde 1996 e ata 2006 forma parte do elenco estable do Teatro Nacional São João do Porto. A inicios do 2000 trasládase a Barcelona a estudar cinema no Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña e desde 2007 vive en Santiago de Compostela, onde fundou a compañía Voadora, da que foi director artístico con Marta Pazos ata o seu peche en 2022. Conta cun Premio María Casares á mellor música orixinal por Tokio3.
Este programa podería sufrir modificacións por circunstancias externas, coma climatoloxía adversa ou causas de forza maior.
Entrada libre ata completar a capacidade.