Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld: Dragón, descansa en el lecho marino

01 ago
21:00 h
Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, Pontevedra

Danza. Duración: 60 min

Dragón, descansa en el lecho marino (Dragón, descansa no leito mariño) é unha composición coreográfica para seis nadadoras de natación sincronizada nunha piscina, a medio camiño entre a danza, o deporte e a ciencia ficción. A superficie da piscina funciona como pantalla na que se inscribe a ficción: unha criatura ficticia, transindividual, desmembrada e conectada a través do líquido, formada pola subxectividade múltiple das seis nadadoras. Normalmente, na competición de natación sincronizada o xurado penaliza a falta de sorriso, un guecho fóra de lugar ou apoiarse no fondo da piscina.

Federico Vladimir (1983, Bos Aires) e Pablo Llilienfeld (1981, Madrid) levan xuntos desde 2014. En palabras dos artistas, "o noso traballo foise entrelazando coa nosa relación, partindo da intimidade para explorar representacións da colectividade que cuestionan as formas hexemónicas de pertencer e de narrarnos a nós mesmas. Utilizando a ficción especulativa como ferramenta de 'facer mundo', creamos espazos nos que conflúe o doméstico, o marxinal, o lúdico e o desexo. Gústanos pensar na familia-colectivo artístico queer que ambos conformamos como unha entidade plástica: contráese e expándese para incluír parentes, colaboradores, amigos, amantes, virus, pantasmas e outros acompañantes. Ao longo desta investigación sobre narrativas transindividuales, achegámonos a prácticas tan diversas coma a natación sincronizada ou os xogos de rol".

Un proxecto de Pablo Lilienfeld e Federico Vladimir
Intérpretes e cocreación: Andrea Fernández Botelho, Julia Echeberría, Andrea Fuertes, Blanca Gómez, Carolina Pino e Irene Toledano
Música orixinal: Pablo Lilienfeld
Deseño de vestiario: Roi Pardo
Ollo externo: Alessandro Sciarroni
Adestradora: Alicia Sanz

Este programa podería sufrir modificacións por circunstancias externas, coma climatoloxía adversa ou causas de forza maior.

Entrada libre ata completar a capacidade.