Damián Ucieda en conversa con Agar Ledo

30 xul
20:00
Edificio Castelao
Damián Ucieda en conversa con Agar Ledo

Neste encontro, o artista Damián Ucieda fala con Agar Ledo sobre o seu proxecto Pobo afgano, trincheiras e campo de tiro. Salcedo, que documenta e reflexiona sobre un conflito territorial en Galicia vinculado á expansión militar en Salcedo.

A obra parte da resistencia veciñal fronte á instalación dunha base para adestramentos de guerra urbana, conectada simbolicamente coa guerra en Afganistán. Ucieda aborda as consecuencias ecolóxicas, sociais e éticas da militarización do territorio, e visibiliza a loita das comunidades por recuperar as súas terras.

Unha conversa sobre arte, memoria e activismo que nos convida a pensar nas formas de resistencia fronte á violencia estrutural e aos conflitos xeopolíticos contemporáneos.