Beatriz Ruibal en conversa con Antón Castro

20 ago
20 h
Salón de actos Edificio Castelao
Beatriz Ruibal

Desafortunadamente, vémonos na obriga de cancelar a conversa con Beatriz Ruibal por atopar a artista complicacións para trasladarse a Pontevedra.

Beatriz Ruibal falará con Antón Castro sobre a súa intervención La piel del olivo (A pel da oliveira, 2024-2025), unha proposta que envolve o cubo de cristal do Pazo da Cultura coa imaxe expandida dunha folla de oliveira.

A través desta instalación, Ruibal despraza a linguaxe fotográfica cara a unha experiencia espacial, transformando o edificio nun corpo vexetal, poroso e hospitalario. A oliveira símbolo mediterráneo de resistencia, memoria e rexeneración— convértese aquí nunha metáfora de vida fronte ao desgaste, unha invitación para repensar as nosas formas de habitar e relacionarnos coa contorna nun contexto de crise ecosocial.

Durante esta sesión, a artista compartirá o proceso conceptual e técnico da obra e reflexionará sobre os vínculos entre natureza, arquitectura e memoria; unha oportunidade para achegarse á súa mirada crítica e poética sobre o común, o vexetal e o construído.

Entrada libre sen reserva previa