Cine, Arte e Guerra: Bos tempos, marabillosos tempos e Diálogo árabe-israelí

12 xuñ
19 h
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Cine, Arte e Guerra: Bos tempos, marabillosos tempos e Diálogo árabe-israelí

Sesión dobre con dous filmes de Lionel Rogosin.

Para Bos tempos, marabillosos tempos, Rogosin  visitou doce países en dous anos para recoller dos seus arquivos imaxes de atrocidades de guerra. Estas escenas intercálanse cun luxoso e intranscendente cóctel en Londres e deixan ao descuberto a indiferenza de Occidente ante esta violencia.

En Diálogo árabe-israelí, un poeta palestino e un xornalista israelí debaten as posibles saídas a un conflito que leva enfrontando as súas comunidades durante décadas sen que se advirta un fin próximo ás tensións territoriais coas que conviven cada día.

Good Times, Wonderful Times (Bos tempos, marabillosos tempos, Reino Unido e Estados Unidos I 1965 I 73’ I B/n)

Dirección: Lionel Rogosin. Guión: Lionel Rogosin, James Vaughan e Tadeusz Makarczyński. Fotografía: Manny Wynn e Emil Knebel (cámara). Montaxe: Brian Smedley-Aston e Danny Schik. Son: Stephen Dalby. Música: Chatur Lal, Ram Narayan e Ian Cameron. Elenco: Molly Parkin. Produción: Lionel Rogosin.

Arab Israeli Dialogue (Diálogo árabe-israelí, Estados Unidos I 1974 I 40’ I Cor)

Dirección: Lionel Rogosin. Montaxe e cámara: Louis Brigante. Son e produción: Shunmugam A. Pillay. Axudante de montaxe e produción: Eduardo L. del Río. Elenco: Rashed Hussein e Amos Kenan. Produción: Impacte Films.