Activación da peza Machine for Restoring Empathy, de Eva Koťátková

22 xuñ
11:00-14:00 h
Edificio Castelao, Pontevedra
Activación da peza Machine for Restoring Empathy, de Eva Koťátková

Machine for Restoring Empathy (Máquina para restaurar a empatía, 2019), presenta a empatía como unha ferramenta que nos conecta coas demais persoas e co mundo que nos rodea. Esta instalación, de gran formato, ofrece un espazo inclusivo onde seres humanos, animais, plantas e obxectos interactúan de maneira equitativa. De carácter performativo, a peza permite contar historias de compaixón e coidado, ao brindar un refuxio a quen se sente excluído. A través de actividades que reformulan as normas sociais, Machine for Restoring Empathy convida as e os visitantes a explorar novas formas de ver o mundo e fortalecer as nosas conexións.