Obras
Sen título (2015)
Na Bienal de Pontevedra, Gazzar traslada a súa exploración da paisaxe a un territorio simbólico. Con pinturas creadas ex professo, propón unha conexión entre as paisaxes da súa terra natal e o territorio de Galicia, xerando un diálogo que supera as limitacións xeográficas. Para ela, a natureza, é un espazo transformador que ofrece unha constante oportunidade de reconfiguración da humanidade, de redescubrimento mutuo. Entre o real e o onírico, a súa obra convida a reflexionar sobre a relación entre o ser humano e a contorna natural, explorando a disolución das fronteiras entre o humano e o non humano. O ecofeminismo e o posthumanismo entrelázanse na súa proposta e cuestionan as estruturas de poder que dominan tanto os individuos coma o planeta.
