Obras

Nacer (2025)

Esta instalación de Carmen Hermo reflexiona sobre a fraxilidade e a incerteza da existencia humana. O punto de partida desta obra é a igrexa do convento de Santa Clara, un espazo no que resoa o fervor relixioso de hai anos, pero que alberga agora un silencio profundo. No seu retablo maior aínda se poden contemplar 25 esculturas de anxos, iconografía presente en case todas as relixións ao longo da historia, que foron as testemuñas da transformación do espazo e se converten no símbolo desa vixilancia silenciosa. A proposta de Hermo  convídanos  a visualizar uns novos "anxos reais", seres nados da fraxilidade humana, que se xestan nos úteros de cristal da intimidade familiar. Non se trata de anxos celestiais, senón de seres humanos comprometidos co coidado, coa compaixón e coa loita por un mundo mellor. O uso de materiais que remiten aos orixinais do retablo barroco ―coma o veludo, o vidro, a madeira e o dourado― e a paleta cromática propia das carnacións dos anxos orixinais permiten que a instalación se integre de forma harmónica no espazo. Con todo, como ben sinala Susan Sontag, na sociedade do espectáculo todo debe converterse en espectáculo para que se perciba como real. Quen visite a obra no convento de Santa Clara saberá que non se atopa ante embrións reais de anxos, pero a estética barroca da peza, a través da súa linguaxe familiar e á vez incómodo, expón preguntas profundas sobre a natureza da vida, a morte e a espiritualidade, o que convida as e os espectadores a un diálogo silencioso pero transformador. 

<em>Nacer</em> (2025)
Nacer (2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais