Obras

Maneras de habitar un puente (Maneiras de habitar unha ponte, 2025)

Esta é unha instalación creada para a ponte de Santiago, un lugar emblemático que, segundo Diana Larrea, non só representa a esencia da cidade de Pontevedra a través do seu topónimo (Pontem veteram), senón que simboliza a unión de dous mundos: o físico e o espiritual, elementos fundamentais da nosa natureza humana. A través desta reflexión, a artista convídanos a recoñecer a nosa conexión coa contorna natural e coas demais especies que comparten o planeta. As aves, que desde a antigüidade foron un símbolo espiritual en diversas culturas, na súa obra representan a migración e a ecodependencia humanas. Na súa intervención, Larrea instala baixo a ponte unha serie de habitáculos de madeira policromada inspirados na arquitectura tradicional da cidade. Estes elementos, que remiten ao símbolo feminino do niño, protexen a vida e evocan a necesidade de repensar a nosa relación co mundo. A súa proposta aproxímase ás prácticas ecofeministas e fusiona a conciencia ecolóxica cunha crítica ao sistema capitalista patriarcal que explota tanto a terra coma os seres humanos e os animais.

<em>Maneras de habitar un puente</em> (Maneiras de habitar unha ponte, 2025)
Maneras de habitar un puente (Maneiras de habitar unha ponte, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais