Artistas
Manal AlDowayan (1973, Dhahran, Arabia Saudita) é unha artista que aborda con gran sensibilidade a metamorfose cultural que vive Arabia Saudita, especialmente no relativo á condición da muller. O seu traballo, que combina o persoal e o político, desafía os costumes sexistas e cuestiona as tradicións, a memoria colectiva e a representación feminina. A través de medios coma a fotografía, o son, a escultura e a práctica participativa, AlDowayan ofrece unha mirada crítica ás contradicións da sociedade saudita: o público fronte ao privado, o tradicional fronte ao moderno, a comunidade fronte ao mundo. Nos seus proxectos participativos, logrou involucrar moitas mulleres, ao brindarlles unha nova plataforma para loitar contra a inxustiza social.