Artistas

Eva Koťátková

Eva Koťátková

A obra de Eva Koťátková (1982, Praga, República Checa) cuestiona as estruturas sociais e institucionais que definen a nosa vida cotiá: as normas que afectan a nosa forma de pensar, aprender e actuar. Influenciado polo surrealismo, o seu traballo combina escultura, texto e espectáculo para amosar a complexidade da relación entre o individuo e a súa contorna. Koťátková interésase especialmente polas persoas e polos grupos marxinados, e busca novas formas de comunicación que cuestionen as convencións establecidas. As súas instalacións, que inclúen obxectos, debuxos, colaxes, fotografías, vídeos e textos, convidan as e os espectadores a descubrir mundos alternativos que abren novas formas de percibir a realidade.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais