Artistas

Arvin Golrokh

Arvin Golrokh

Arvin Golrokh (1992, Teherán, Irán) entende a pintura como unha ferramenta para reflexionar acerca dos mecanismos de control que exercen as institucións ―xa sexan gobernos, medios de comunicación ou sistemas educativos― sobre a mirada colectiva. A súa obra indaga na construción visual do poder, da propaganda e da manipulación da memoria histórica. A través de composicións densas, cargadas de imaxes fragmentadas e figuras de autoridade en contextos estraños ou alienantes, Golrokh logra desactivar os discursos oficiais e activar memorias soterradas. Nos últimos anos, centrou a súa investigación no contraste entre as estratexias de control exercidas no seu país de orixe e aquelas presentes no mundo occidental, preguntándose como se constrúen as imaxes que consumimos a diario. Para el, preservar unha mirada crítica e independente resulta fundamental ante calquera intento de homoxeneización cultural.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais