Leonor Leal: El lenguaje de las líneas

19 set
20:00 h
Teatro Principal, Pontevedra
Leonor Leal

Charla bailada. Duración: 60 min

Leonor Leal, bailaora e creadora contemporánea, optou por habitar o teatro desde unha óptica innovadora e distinta. El lenguaje de las líneas (A linguaxe das liñas)preséntase como unha charla bailada. A ascendente creadora, que se move no territorio do novo flamenco, quere compartir as súas inquietudes sobre a ausencia de textos escritos sobre flamenco. Non será, desde logo, unha conferencia con ela sentada fronte a un micrófono soltando un discurso. Será un match entre corpo e palabra. 

Leonor Leal (Xerez da Fronteira) é unha bailaora singular e versátil, de sólida formación. Obtén a titulación en Ballet Clásico pola Real Academia de Danza do Reino Unido e en Danza Clásica e Danza Española polo Conservatorio de Danza de Sevilla. A súa traxectoria solista é apoiada por diversos galardóns ao seu traballo como intérprete e creadora de coreografías e espectáculo, coma o Premio Bailarina Sobresaliente do Certame Coreográfico Danza Española e Flamenco (Madrid, 2008), o Premio Artista Revelación do Festival de Xerez (2011) por eLe eLe e dúas candidaturas aos Premios Max como mellor intérprete feminina de danza e mellor espectáculo de danza por Nocturno. As súas obras exhibíronse nas principais mostras europeas e americanas de flamenco, coma as bienais de Sevilla e Holanda ou os festivais de Xerez, Düsseldorf, Esch-Luxemburgo, Nîmes, Mont de Marsan, Toulouse, Londres e Nova York.

Este programa podería sufrir modificacións por circunstancias externas, coma climatoloxía adversa ou causas de forza maior.

Entrada libre ata completar a capacidade.