Almudena Fernández Fariña en conversa con Antón Castro

16 xul
20:00
Xardín inglés do Edificio Castelao
Almudena Fernández Fariña en conversa con Antón Castro

Neste encontro, a artista Almudena Fernández Fariña conversa co comisario Antón Castro sobre Flor de 6 pétalos, a súa intervención no patio do Edificio Castelao.

A obra parte do símbolo ancestral da flor hexapétala, presente no tímpano orixinal da igrexa de San Martiño, para tecer un diálogo entre pasado e presente. Nun tempo atravesado por crises ecolóxicas, guerras e perda de sentido, a artista expón unha reflexión sobre a fraxilidade humana e a posibilidade de esperanza.