Sedes
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra, creada en 1990, foi a primeira do seu tipo en Galicia e unha das grandes apostas culturais do novo mapa universitario impulsado pola autonomía galega. Desde os seus inicios concibiuse como un espazo aberto á experimentación e ao pensamento contemporáneo, e hoxe é unha das facultades máis recoñecidas do contexto artístico universitario español.
No 2027 as obras da Bienal de Pontevedra chegarán aos dous seguintes espazos: a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, dependente da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, e a Aula Magna da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Xunta de Galicia).