Sedes

Casa da Luz
Rúa Conde de San Román
De martes a sábado, de 10 a 21 h
Domingos e festivos, de 11 a 14 h
Situada na praza da Verdura, a Casa da Luz é un edificio histórico de Pontevedra que data de 1595. Ao longo do tempo, tivo múltiples usos ―desde matadoiro e mercado ata xulgado ou comisaría― e en 1888 albergou a primeira central eléctrica de Galicia. Renovada en 2010, hoxe funciona como sede de Turismo de Pontevedra e espazo cultural. A súa fachada acolle unha peza da recoñecida artista Emily Jacir, cuxa obra, cargada de significados sobre migración, identidade e memoria, convida a reflexionar sobre temas globais de gran relevancia.