Artistas

Emily Jacir
O traballo de Emily Jacir (1972, Belén, Palestina) aborda, entre outras temas, a migración, a resistencia e a memoria histórica, especialmente no contexto palestino. A través de medios coma a fotografía, o vídeo, o espectáculo e a instalación, Jacir trata cuestións relacionadas co colonialismo e coa identidade palestina. A súa obra busca darlles voz ás historias silenciadas e visibilizar as consecuencias da ocupación israelí e o exilio. Ademais do seu labor artístico, Jacir está moi comprometida coa educación. É cofundadora e dirixe o centro Dar Yusuf Nasri Jacir para a Arte e a Investigación en Belén, un espazo dedicado á produción de coñecemento arredor da arte e da historia palestinas.