Sedes

Illa das Esculturas

Illa das Esculturas

A Xunqueira

A illa do Covo, coñecida tamén como illa das Esculturas, é unha das paisaxes máis representativas da cidade de Pontevedra. A súa localización privilexiada convértea nun enclave de gran valor natural e paisaxístico, unha zona do río Lérez declarada lugar de importancia comunitaria (LIC) e que forma parte da Rede Natura 2000.

O Covo é unha perfecta simbiose entre natureza, arte e paisaxe, ao acoller na súa superficie a illa das Esculturas, un proxecto artístico pioneiro en España.

Rosa Olivares e Xosé Antón Castro foron os artífices deste proxecto, que deu lugar a unha interesante exposición permanente de esculturas de pedra ao aire libre nunha contorna única.

O proxecto fíxose realidade en 1999, con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo. En todas as obras está presente o granito como unha especie de homenaxe a este material tan representativo da cultura galega desde a antigüidade ata os nosos días. Doce artistas internacionais de primeiro nivel realizaron proxectos específicos para a illa, e cada artista ideou unha obra que se relaciona coa paisaxe, coa tradición do lugar, coa historia da escultura e da pedra, e moi especialmente coa esencia do ser humano e a súa relación coa natureza. A illa das Esculturas é hoxe o maior museo de arte contemporánea ao aire libre de Galicia e un lugar de visita obrigada para amantes da arte contemporánea.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais