Obras

The Resilient (Resiliente, 2025)

Na obra de Wardha Shabbir, o natural e o humano non se entenden por separado. Todo está conectado. Na peza creada para a 32.ª Bienal de Pontevedra, Shabbir volve ao xardín, ao xesto de coidar, de observar, de cultivar. Pero esta vez faino preguntándose como seguir adiante nunha contorna cada vez máis inhóspita: como resistir ante a deterioración do mundo que habitamos? A obra nace desde a súa experiencia como nai en Lahore, unha cidade onde a contaminación e a crise ambiental están sempre presentes. A partir das súas preocupacións, a artista imaxina un corpo feminino transformado, inspirado nas plantas e no sol; un corpo que non é vítima, senón que mantén a súa capacidade de dar vida mesmo en condicións difíciles. O sol, elemento central na escultura, fala de forza, de creación, de renovación. E a cor vermella lembra o sangue, a historia de loita de tantas mulleres. A artista convida a repensar as interseccións entre ecoloxía, feminismo e experiencia humana, e propón unha narrativa na que a capacidade de adaptarse se converte en acto revolucionario. A escultura eríxese, así, como unha visión esperanzadora do porvir, onde a vida non só sobrevive, senón que atopa novas formas de florecer.

<em>The Resilient</em> (Resiliente, 2025)
The Resilient (Resiliente, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais