Obras

¡Tengo miedo!... (Hazañas Bélicas) [Teño medo!... (Hazañas Bélicas)], 2024

Este mural creado por Antonio Muntadas para a Bienal de Pontevedra utiliza o cómic Hazañas Bélicas de Boixcar (1948) como base para reflexionar sobre a violencia. Esta serie de viñetas, moi populares na época, aborda conflitos coma a Segunda Guerra Mundial, a guerra civil chinesa, a guerra de Indochina e a guerra de Corea, cunha constante presenza do inimigo comunista, en sintonía coa polarización en plena Guerra Fría. Na década de 1950, os cómics, coñecidos como "tebeos", eran unha das formas de entretemento máis accesibles, tan influentes coma cinema e máis que a televisión, aínda incipiente, e os relatos de guerra que aparecían neles desempeñaron un papel chave na cultura xuvenil. Hazañas Bélicas narra as aventuras dun soldado anónimo que loitaba por alcanzar a paz a través da guerra, pero, ao mesmo tempo, presenta un paradoxo: aínda que tenta denunciar o conflito, preséntao como unha solución inevitable. Muntadas aprópiase deste cómic para cuestionar como os medios constrúen a imaxe da violencia e reflexionar sobre a normalización dos conflitos bélicos na cultura popular.

<em>¡Tengo miedo!... (Hazañas Bélicas)</em> [Teño  medo!... (<em>Hazañas Bélicas</em>)], 2024
¡Tengo miedo!... (Hazañas Bélicas) [Teño medo!... (Hazañas Bélicas)], 2024
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais