Obras

Reconstruction (Reconstrución): Water (Auga, 2024), Spacecraft (Astronave, 2024), Stellarator (Estelarador, 2025), Growing a House (Facer crecer unha casa, 2025), An Artist (Un artista, 2025)

Na Bienal de Pontevedra, Korotkova presenta cinco pezas da serie Reconstruction (Reconstrución), parte do ciclo máis amplo Imagined Destination (Destino imaxinado), que funciona como un espazo de especulación crítica onde a idea de futuro se aparta da promesa de progreso lineal. Estas obras configuran un escenario no que os vínculos entre axentes humanos e non humanos se reformulan. A través desta serie, a artista imaxina futuros nos que os avances científicos adquiren un valor case arqueolóxico e os organismos vivos ―desde plantas ata fungos― participan activamente na reconstrución da contorna. Os protagonistas destas escenas, denominados "construtores", aparecen como figuras encargadas de recompoñer un mundo en transformación, onde as leis da natureza se manifestan de formas insólitas e os vestixios da civilización humana emerxen como reliquias dun pasado remoto. A proposta de Korotkova interroga os dispositivos que sostiveron as nosas ficcións modernas e propón outros modos de narrar, habitar e resistir.

<em>Reconstruction </em>(Reconstrución): <em>Water</em> (Auga, 2024), <em>Spacecraft</em> (Astronave, 2024), <em>Stellarator</em> (Estelarador, 2025), <em>Growing a House</em> (Facer crecer unha casa, 2025), <em>An Artist</em> (Un artista, 2025)
Reconstruction (Reconstrución): Water (Auga, 2024), Spacecraft (Astronave, 2024), Stellarator (Estelarador, 2025), Growing a House (Facer crecer unha casa, 2025), An Artist (Un artista, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante el dolor de los demás