News - Bienal de Pontevedra
News
-
A Deputación de Pontevedra abre o proceso para seleccionar o comisariado da 33.ª edición da Bienal
A edición de 2027 desenvolverase de maio a agosto, empregando como sedes os edificios do Museo de Pontevedra e incorporando unha sede en Vigo
03/02/2026
-
A Bienal de Pontevedra e a Facultade de Deseño da Universidade de Vigo presentan a colección B32, que estará dispoñible a partir do vindeiro 10 de xullo na tenda do Museo de Pontevedra
A colección, que se compón de bolsas de algodón, sombreiros, cadernos, lapis e termos, foi deseñada no marco dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a través do Museo de Pontevedra, e a Facultade de Deseño da Universidade de Vigo
10/07/2025
-
Arrancan as visitas guiadas á Bienal de Pontevedra, que terán lugar os xoves, sábados e domingos, e que percorrerán diferentes itinerarios da mostra
A Bienal de Pontevedra abre ao público as súas visitas guiadas, que arrancan esta semana con percorridos temáticos cada xoves, sábado e domingo polas distintas sedes da exposición.
09/07/2025
-
A Bienal de Pontevedra arranca o seu ciclo de artes vivas cunha acción de Vasco Araújo en Pontevedra que marcará o inicio dun percorrido artístico por toda a provincia
O programa, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, presentouse no Museo do Mar de Galicia coas intervencións dos vicepresidentes da Deputación, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, o propio comisario e o artista portugués
24/06/2025
-
O sábado 21 de xuño inaugúrase a 32.ª Bienal de Arte de Pontevedra con 60 artistas de 28 nacionalidades que reflexionan sobre un presente en guerra
Co lema “Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais”, o vindeiro sábado 21 de xuño inaugúrase oficialmente a 32.ª Bienal de Arte de Pontevedra, que contará con figuras internacionais coma Olafur Eliasson, Hans Haacke, Susan Philipsz, Emily Jacir ou Antoni Muntadas, xunto a nomes galegos coma Almudena Fernández Fariña, Idoia Cuesta ou Lois Patiño
20/06/2025
-
O ciclo Cine, Arte e Guerra propón oito filmes de ficción, de animación e documentais para reflexionar sobre os conflitos bélicos
O ciclo, en colaboración co festival Novos Cinemas, inclúe seis proxeccións entre o 29 de maio e o 17 de xullo
27/05/2025