Obras

Pensar con las manos (Pensar coas mans, 2025)

Carlos Bunga centra a súa atención nas mans que crean, que constrúen, que pensan. Fronte á lóxica occidental, que separa mente e corpo, aproxímase a unha visión máis encarnada do coñecemento, en sintonía coas formulacións da socióloga de orixe aimará Silvia Rivera Cusicanqui. A pensadora propón unha forma de pensamento que parte do corpo e dos seus vínculos coa contorna, desde as entrañas, onde se mesturan o visceral, o sensible e o político. Nestes debuxos, as mans executan, pero tamén senten, reflexionan, se implican. Son testemuños materiais dunha práctica onde o pensamento se enraíza na acción e na colectividade. Así, o artista converte o debuxo nun acto de resistencia, no que o saber non se impón desde arriba, senón que se constrúe desde abaixo, en comunidade, co corpo como territorio e ferramenta. Aquí, a arte non se separa da vida; convértese en vehículo para imaxinar outras formas de existencia máis xustas e solidarias.

<em>Pensar con las manos</em> (Pensar coas mans, 2025)
Pensar con las manos (Pensar coas mans, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais