Sedes

Café Moderno Afundación Pontevedra
Praza San Xosé, 3
De luns a venres, de 17:30 a 20:30 h
Sábados de 11 a 14 h e de 17:30 a 20:30 h
Domingos e festivos, pechado
Histórico punto de encontro do galeguismo, o Café Moderno acolleu os faladoiros de figuras coma Castelao, Bóveda ou Cabanillas. Hoxe segue vivo como café e espazo cultural, entre pinturas de artistas galegos do século XX e detalles orixinais que conservan a súa esencia. A última rehabilitación, asinada polo arquitecto Álvaro Siza, respectou ese carácter único á vez que dotou o edificio dunha nova vida sen borrar a súa memoria.