Violeta Quispe Yupari en conversa con Agar Ledo

Neste novo encontro do ciclo, a artista peruana Violeta Quispe Yupari fala coa comisaria adxunta da bienal, Agar Ledo, sobre a súa traxectoria e o papel da arte como ferramenta de resistencia e visibilización.
Filla dunha familia migrante de Sarhua (Ayacucho), desprazada polo conflito armado en Perú, Violeta converteu a súa experiencia nunha fonte de creación política e sensible. A súa obra aborda a violencia de xénero e a discriminación cara a mulleres indíxenas e persoas LGTBIQ+ para facer visible o que a miúdo permanece silenciado.
Unha conversa para deternos, escoitar e pensar colectivamente en novas formas de relación entre a arte, a palabra e o mundo que habitamos.