02/07/2026
21:00 h
Xardíns
60 minutos
Estrea absoluta
<em>Clo Pau Plas Pedra</em>
Clo Pau Plas Pedra

CLO PLAS, DIEGO VITES E JAVI ÁLVAREZ

Concerto-acción

Clo Pau Plas Pedra é un concerto-acción creado para a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra que reúne a Berio Molina, Diego Vites, Javi Álvarez e Xiana Arias: catro artistas que aínda cren no poder do tremer da voz e da man. Diego e Javi interveñen no concerto de Clo Plas —Berio e Xiana— e desprazan a súa lóxica interna. Javi Álvarez expande o plano acústico desde a experimentación musical, mentres Diego Vites introduce xs Placudxs, unha deriva dos cabezudos populares cos que activa no escenario diferentes escenas. Xs Placudxs remiten a esas personaxes do imaxinario festivo que se anunciaban co son das gaitas ao lonxe, pero son outra cousa. Son un cisma desas figuras rituais relegadas hoxe a non saír dun húmido almacén municipal. Agora, ao non ir coa banda, aprenderon a tocar.

O traballo de Clo Plas xorde da oralidade, dese falar que é ao tempo íntimo e estraño, e que transporta o peso do lugar ao que pertencen. Clo Pau Plas Pedra é unha expansión da súa proposta na que os sintetizadores, samplers, scratchs e demais cacharrada de Javi Álvarez levan ese falar e esas melodías crúas a un novo lugar.