Artistas

Tobias Rehberger

Tobias Rehberger

Tobias Rehberger (1966, Esslingen, Alemaña) propón unha reflexión continua sobre os límites entre arte e deseño, desafiando as concepcións tradicionais de ambos os campos. A súa práctica sitúase nun espazo de confluencia onde o escultórico, o arquitectónico e o funcional se entrelazan para xerar situacións híbridas que convidan as e os espectadores a cuestionar o valor estético dos obxectos cotiáns e a reconsiderar a súa utilidade. Rehberger non se limita a facer un mero exercicio formal ao redor dun obxecto, xa que entende a contorna como un territorio en constante mutación que transforma a percepción da obra.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais