Sedes

Fundación RAC
A Fundación Rosón Arte Contemporánea (RAC) ten como finalidade principal apoiar a arte e a cultura mediante a realización de proxectos e actividades que incentiven a creación artística e a súa difusión, tanto no contexto galego coma no ámbito nacional e internacional.
A fundación é depositaria dunha colección privada de máis de 300 obras de 170 artistas nacionais e internacionais. Esta colección exhíbese parcialmente, tanto nas súas instalacións coma en diversas exposicións en forma de préstamos, sempre coa finalidade de ofrecer unha visión da arte contemporánea para promover o coñecemento e a reflexión sobre a arte do noso tempo.
A Fundación RAC, inaugurada en xuño de 2007, foi declarada de interese galego por parte da Consellería de Cultura e Deporte, á que foi adscrita, coa consideración de institución xurídica privada sen ánimo de lucro.